Case 360.000 galegos teñen a pauta de vacinación completa

Sanidade administrou un total de 1.165.613 doses
Una enfermera prepara una dosis de la vacuna de Pfizer. CABALAR (EFE)
photo_camera Unha enfermeira prepara unha dose da vacina de Pfizer no pavillón de Expocoruña na Coruña. CABALAR (EFE)

Un total de 357.275 galegos contan coa pauta de vacinación contra a covid-19 completa despois dunha xornada na que foron administradas un total de 36.201 doses en Galicia, que inoculou o 87,2% das recibidas ata o momento. 

Así se recolle en datos trasladados este domingo pola Consellería de Sanidade mediante o 'Cronómetro da vacinación', que indica que Galicia administrou un total de 1.165.613 doses, que supoñen o 87,2% das 1.336.025 recibidas e, por tanto, un aumento de case tres puntos respecto ao día anterior. En concreto, Galicia alcanzou as 357.275 persoas coa pauta completa da vacina contra o coronavirus. 

No relativo aos grupos de poboación vacinados, por condición de vulnerabilidade indícase que recibiron polo menos unha dose 12.022 persoas con condición de alto risco -tres máis que o día anterior- e 350 teñen a pauta completa -cinco máis-. 

Entre as persoas dependentes non institucionalizadas recibiron polo menos unha dose 15.920 (+90) e completaron a pauta un total de 10.389 (+364). Mentres, non se administraron máis doses no último día ás institucionalizadas -que se empezaron a vacinar o 27 de decembro do ano pasado-, das que 23.465 recibiron a primeira picada e 22.750 contan coa pauta completa. 

No grupo de persoas vacinadas por condición de vulnerabilidade inclúense 599.539 que recibiron a primeira dose segundo idade (+109) e 246.261 coa pauta completa (+35.858).

PROBABILIDADE DE EXPOSICIÓN. En canto aos vacinados na comunidade galega por probabilidade de exposición, os profesionais do ámbito sanitario coa primeira dose ascenden a 73.747 (+17) e hai 56.020 que contan coa pauta vacunal completa (+8). 

A eles súmanse 28.966 traballadores do ámbito sociosanitario cunha dose (+5) e 19.201 coa pauta completa (+4). Ademais, un total de 60.286 traballadores esenciais recibiron unha dose da vacina e 2.301 completaron o proceso, cifras que se manteñen sen cambios respecto ao día anterior.

GRUPOS DE IDADE. Por grupos de idade, foron vacinados 127.380 maiores de 85 anos (+149); un total de 94.253 persoas de entre 80 e 84 anos (+49); 127.869 de entre 75 e 79 anos (+138) e 142.337 con entre 70 e 74 anos (+80). 

Tamén se vacinou contra a covid-19 a 30.755 persoas de 65 a 69 anos (+14); 118.125 de 60 a 64 anos (+3); 26.215 de 55 a 59 anos (+10); 38.185 de 50 a 54 (+8); 29.139 de 45 a 49 anos (+11) e 26.301 de 40 a 44 anos (+4). A elas súmanse 19.018 de 35 a 39 anos (+5), 15.309 de 30 a 34; 12.423 de 25 a 29 (+3); 6.045 de 20 a 24 (+3) e 599 de 15 a 19 anos (+1). 

Comentarios