Case 150 persoas aspiran ás nove prazas do Sergas para persoal con discapacidade intelectual

As oposicións serán o 24 de abril en Silleda
Foto de archivo de una jornada de las oposiciones a la Xunta de Galicia. XUNTA
photo_camera Oposicións. XUNTA (EFE)

As oposicións do Sergas para cubrir as prazas de persoal de servizos xerais con discapacidade intelectual serán o 24 de abril en Silleda, a partir das 10.00 horas. Así figura na publicación feita este mércores pola Consellería de Sanidade no Diario Oficial de Galicia (DOG). 

Un total de 148 persoas —77 homes e 71 mulleres— aspiran ás nove prazas ofertadas. As probas selectivas terán lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. 

Na páxina web do Sergas recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas. Ademais, hai un protocolo de medidas anticovid a seguir. 

Comentarios