Casado preside o domingo o acto de inicio do curso político do PP galego

O evento non se suspenderá a pesar de que Cerdedo-Cotobade, municipio no que terá lugar, pasou ao nivel alto de restricións
Alberto Núñez Feijóo y Pablo Casado. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado. LAVANDEIRA JR. (EFE)

O presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, presidirá o vindeiro domingo 29 de agosto o acto de inicio de curso político que o PP galego celebrará na carballeira de San Xusto, no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Este conclave, que o ano pasado non se puido organizar debido á pandemia da covid-19, prevé reunir aos principais cargos do PP en Galicia, entre eles o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que clausurará este acto xunto a Casado.

Fontes do PP confirmaron a Efe que este acto, que está fixado para as 13.00 horas, non se suspenderá a pesar de que Cerdedo-Cotobade entrará un día antes, o sábado 28, no nivel alto de restricións pola alta incidencia do covid-19.

Aseguran que se tomarán todas as medidas necesarias para garantir a seguridade dos asistentes e respectaranse os aforamentos e distancias que fixa a normativa galega.

Será a terceira vez que Pablo Casado participe no acto de inicio de curso político en Galicia.

Xa o fixo en 2018, apenas uns meses logo de facerse co liderado do partido, e en 2019, aínda que nesta última ocasión a súa presenza estivo no aire ata o último momento.

Comentarios