Casado: "Pontevedra é moi importante para o PP por ser a cidade de Rajoy"

O popular atópase de xira por Galicia para presentar o proxecto do partido de cara ás municipais de 2019, onde esperan facerse coa Alcaldía pontevedresa
Pablo Casado, junto a Miguel Tellado, durante la reunión en A Coruña
photo_camera Pablo Casado, junto a Miguel Tellado, durante la reunión en A Coruña

O vicesecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, asegurou este venres que Pontevedra é "moi importante" para os populares porque é "a cidade do noso presidente", polo que asegurou que espera regresar "moi pronto" para celebrar unha vitoria electoral que lles permita facerse coa Alcaldía.

Tras un paseo pola cidade, Casado adiantou que o PP "xa está en marcha" para preparar as eleccións municipais de 2019, unha cita coas urnas que considera "fundamental" para os españois, para intentar cambiar os gobernos nos concellos "que non están a funcionar".

Neste obxectivo, dixo, o partido debe buscar para Pontevedra un "equipo para gañar" o goberno dunha cidade que é unha "referencia" para un Partido Popular "no que Galicia foi tan importante".

Casado destaca que a dirección do partido considera ao PPdeG unha "referencia a nivel nacional" e a Feijóo como "un gran líder", polo que confesou que lles gustaría clonalo"

A CORUÑA. O PP traballa nun discurso "ambicioso" e nun proxecto "optimista e de futuro" de cara ás eleccións municipais de 2019, afirmou o propio Casado horas antes nunha reunión mantida na Coruña.

O popular sinalou que espera repetir os resultados logrados nas autonómicas polo líder desa formación en Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cunha mensaxe de unidade no partido fronte á división e o "proxecto anaftalinado e caduco" de PSOE e Podemos.

"Fai falta un cambio" nas urbes galegas onde goberna a Marea, que espantou aos investidores, aos turistas e ás oportunidades de futuro", afirmou Casado.

Pola súa banda, Casado destacou que a dirección do partido considera ao PPdeG unha "referencia a nivel nacional" e a Feijóo como "un gran líder", polo que confesou, de broma, que lles gustaría clonalo".

"O bo -continuou- é que a nivel nacional temos a outro galego que é o mellor presidente do Goberno que podería ter o noso país", dixo de Mariano Rajoy, e por iso o PP quere que a imaxe de ambos "chegue ás cidades" para gobernalas.

Comentarios