Santos e Prado enceréllanse en Twitter tras a visita de Espinar

A líder de Podemos e a deputada do PP lánzanse mensaxes de reproche na rede social

A visita de Ramón Espinar a Galicia deu moito que falar. A mensaxe en Twitter no que facía mención a "Galicia Ceibe, poder popular" e ao #MariscoBaratísimo levou a un enfrontamento entre a líder de Podemos en Galicia, Carmen Santos, e a deputada do PP no Parlamento de Galicia, Paula Prado.


Santos fixo mención no seu tuit a un texto escrito por Prado, o que non sentou demasiado ben á popular, que non dubidou en responderlle.

E na loita non faltou a mensaxe no que se sacaron trapos sucios de confrontacións anteriores. En concreto cando a falta dunha coma nunha mensaxe de Carmen Santos fixo pensar aos políticos do PP que a líder da formación dourada estaba a chamarlles maltratadores a todos.

Comentarios