Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Cargos do BNG participan este martes na Diada

Ana Miranda, no Parlamento europeo. ARQUIVO
Ana Miranda, no Parlamento europeo. ARQUIVO

Bieito Lobeira, Ana Miranda e Rubén Cela integran a delegación dos nacionalistas galegos

Diferentes cargos do BNG participarán este martes en senllos actos en Cataluña con motivo da celebración da Diada que este ano se fai baixo a lema Fem a República catalá.

A delegación dos nacionalistas galegos estará integrada polo responsable de Organización, Bieito Lobeira, e polos responsables da coordinación do Área de Internacional, Ana Miranda e Rubén Cela; representante do Bloque na UE e edil en Compostela, respectivamente.

Con esta participación, o Bloque quere evidenciar o seu total apoio ao dereito do pobo catalán para decidir libremente e con todas as garantías a través dun referendo de autodeterminación a súa relación co Estado español. 

Cargos do BNG participan este martes na Diada
Comentarios