Sábado. 15.12.2018 |
El tiempo
Sábado. 15.12.2018
El tiempo

Un cargo de Adif declara no caso Alvia que a seguridade non era o seu labor

Fernando Rebón. XOÁN REY
Fernando Rebón. XOÁN REY

Rebón explicou ao maxistrado que el non era o responsable do deseño de seguridade da liña, posto que o seu labor unicamente era supervisar o funcionamento posterior

O xerente da área de seguridade na circulación do noroeste de Adif, Fernado Rebón, declarou hoxe na súa comparecencia ante o xuíz instrutor Andrés Lago Louro que el non era o responsable do deseño de seguridade da liña Santiago-Ourense, na que descarrilou un Alvia o 24 de xullo de 2013, posto que o seu labor unicamente era supervisar o funcionamento posterior.

O maxistrado outorgoulle a condición de investigado por entender que non resulta "descartable" que "boa parte dos reproches" feitos ao seu entón superior, o director de Seguridade Andrés Cortabitarte, puidesen estenderse á súa persoa, ao considerar que a avaliación non fora a idónea, pero a iso contestou que debía revisar, e non dispor, é dicir, que traballaba sobre o feito.

Toda esta información facilitouna nunha breve declaración, tal e como informou á prensa nos xulgados composteláns de Fontiñas o avogado da plataforma de vítimas Alvia 04155, Manuel Alonso Ferrezuelo, que dixo que Rebón soamente contestou as preguntas de Lago Louro, ás do Ministerio Fiscal e ás do seu letrado.

Así, Ferrezuelo indicou que o testemuño de Rebón "a verdade é que foi bastante breve, dixo que non tiña competencias" antes da posta en servizo dunha liña, e en concreto desta, no que ao proxecto da mesma refírese, e si, en cambio, na supervisión, xa con todo feito, xusto logo da posta en servizo.

Ante isto, o representante legal das vítimas lamentou que non se lle preguntou acerca da desconexión a bordo dos Alvia dos sistemas de control de velocidade, algo determinante neste sinistro que causou oitenta mortos e máis dun centenar de feridos.

Ferrezuelo dixo que isto era vital" porque no seu labor si estaría, interpretou, a supervisión desa "desconexión" e, ao seu entender, "si ten responsabilidade, tiña que supervisar e analizado ese risco... Non se fixo, si ten unha responsabilidade en canto a ese feito, que foi vital á hora do accidente".

Rebón, seguindo o xa declarado por el mesmo en setembro de 2013, fixo fincapé en que el non era o que decidía sobre a seguridade, posto que o seu labor abarca a supervisión da existente, e nunca se lle fixo unha observación ou advertencia sobre os puntos críticos nos que se indaga nesta causa, dixo. 

Un cargo de Adif declara no caso Alvia que a seguridade non era o...
Comentarios