Carballo envórcase para condenar a "brutal agresión machista" a unha veciña

A vítima permanece na Uci e o presunto agresor está previsto que pase este mércores a disposición xudicial 
Concentración convocada este martes frente a la Casa del Concello de Carballo. CABALAR
photo_camera Concentración convocada este martes frente a la Casa del Concello de Carballo. CABALAR

Máis de medio milleiro de persoas concentráronse este martes na praza do Concello de Carballo en repulsa pola "brutal agresión machista" contra unha muller esta localidade. 

Un gran lazo lila presidiu a concentración na que ademais dos veciños participaron os membros da corporación municipal que portaban unha pancarta na que se podía ler 'Carballo contra as violencias machistas'. 

A concentración estendeuse durante uns quince minutos e nela lanzáronse mensaxes de ánimo á vítima á que o pobo lle desexa unha pronta recuperación posto que a muller agredida pola súa parella continúa na Uci do Hospital da Coruña. 

Outra das mostras de repulsa que tivo lugar durante a xornada deste martes produciuse nos centros escolares onde estudan os fillos da vítima, o IES Alfredo Brañas e no CEIP Fogar, nos que se levou a cabo "unha marcha silenciosa". 

O alumnado e profesorado de ambos os centros realizaron un percorrido en silencio polas rúas contiguas ao recinto escolar, onde a comunidade educativa do centro vestida de negro protestou polo último atentado machista na capital da comarca de Bergantiños. 

Marcha silenciosa no IES Alfredo Brañas de Carballo. CABALAR (EFE)
Marcha silenciosa no IES Alfredo Brañas de Carballo. CABALAR (EFE)

Actos similares replicáronse en outros núcleos da Costa da Morte con concentracións no Concello de Malpica ou Ponteceso que se sumaron á condena ao último caso de violencia machista na comunidade. 

O presunto agresor pasará este mércores a disposición do Xulgado de instrución 1 de Carballo, órgano competente en violencia sobre a muller, como informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

comentarios