Cantabria súmase á alianza do Norte

Firma en Vigo a súa adhesión á macrorrexión da que forman parte Galicia, Asturias, Castillas e León e dúas zonas do norte de Portugal ► Frear a sangría demográfica e conseguir financiamento, grandes retos
Feijóo y Revilla
photo_camera Feijóo y Revilla

Cantabria sumouse á alianza do Norte ao adherirse á Macrorregión de Rexións do Suroeste de Europa (Resoe) da que xa forman parte Galicia, Castela e León, Asturias e as Rexións do Norte e do Centro de Portugal.

No acto, celebrado en Vigo, participaron o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, os presidentes de Asturias, Castela e León e Cantabria –Javier Fernández, Juan Vicente Herrera e Miguel Angel Revilla–, e os mandatarios portugueses Fernando Freire de Sousa e Ana Abrunhosa.

O edificio Citexvi do Campus da Universidade de Vigo acolleu o acto de firma co que Cantabria adheriu formalmente á macrorrexión.

O presidente de Cantabria, Miguel Angel Revilla, asinou a adhesión nun acto no que os dirixentes das seis áreas que a integran coincidiron en sinalar como grandes "desafíos" o problema demográfico, a competitividade industrial ou as comunicacións e transportes.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recalcou que, entre os "desafíos" desta macrorregión está o "declive demográfico", que definiu como "a maior ameaza" e "que vén para quedar". A ese respecto, reiterou a necesidade de que o financiamento do sistema de benestar contemple o custo real dos servizos, para que todos os cidadáns poidan acceder a estes "en condicións de igualdade".

Núñez Feijóo celebrou a adhesión de Cantabria á Resoe, o que "consolida" esta macrorrexión como "un instrumento útil e aberto", e recalcou que é unha organización territorial con "custo cero", sen aspiración de conseguir competencias senón "cooperación" entre rexións con intereses comúns

As macrorrexións abarcan varias rexións de distintos países que teñen suficientes asuntos en común para xustificar unha formulación estratéxica conxunta, como sucede no caso destas rexións do Noroeste peninsular, que apostaron decididamente pola cooperación innovadora e pola cohesión territorial. 


A Resoe céntrase nos seguintes eixos: os transportes, a competitividade industrial, o turismo, a demografía, a cultura, a investigación e a excelencia no ensino superior.

Comentarios