Calcinado un garaxe en Redondela tras arder unha moto no seu interior

O suceso produciuse ao redor das sete da mañá deste mércores
Un camión de Bomberos. ADP
photo_camera Un camión de Bombeiros. ADP

O garaxe dunha vivenda acabou consumido este mércores polo lume no concello pontevedrés de Redondela sen que haxa que lamentar danos persoais. Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares chamaron pasadas as sete e media da mañá para informar dun incendio dentro do alpendre dunha casa no lugar de Ventosela, en Reboreda. 

Indicaban que o lume se iniciara nunha moto aparcada no interior do garaxe e que non había persoas feridas.

O 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Porriño, aos axentes da Policía Nacional e Local de Redondela, aos membros de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Vigo.

Finalmente, a dotación de Bombeiros de Porriño confirmou que o lume estaba sufocado pero que o garaxe ardera por completo xunto co material apilado no seu interior.

Comentarios