O cadáver achado en Muros este luns é o da moza desaparecida en Cambre

O corpo aparecía este luns na praia de Reimundes, en Tal
Praia de Reimundes. GOOGLE MAPS
photo_camera Paia de Reimundes. GOOGLE MAPS

A Garda Civil confirmou que o cadáver achado na praia de Muros este luns á muller de 33 anos cuxa desaparición foi denunciada en Cambre

Este mesmo martes o Instituto Armado confirmaba que investiga se o cadáver correspondíase co da moza de Cambre. Finalmente, trátase de María dos Ángeles Domínguez Canos, cuxa desaparición fora denunciada no Cuartel da Garda Civil de Cambre. 

O corpo aparecía este luns nunha praia do municipio coruñés de Muros. Segundo informou o 112, o corpo sen vida da muller foi atopada na praia de Reimundes, en Tal, municipio de Muros.

Ata a zona desprazáronse efectivos sanitarios, do Ges, da Policía Local e da Garda Civil. 
Preto das 19:20 horas procedíase ao levantamento do cadáver e ao seu traslado ao complexo hospitalario de Santiago.

Nunha praia próxima onde foi achado o corpo aparecía un bolso coa documentación desta persoa e outros efectos persoais.