Tres de cada catro hostaleiros galegos descargaron xa o código QR

Os hostaleiros recordan que o 85% dos locais tiveron problemas para descargar o documento
Código QR en un bar. SEBAS SENANDE
photo_camera Código QR nun bar. SEBAS SENANDE

Na medianoite deste venres entrou en vigor a obrigatoriedade de que os establecementos de hostalería exhiban os carteis cos aforamentos permitidos, así como o código QR para o seguimento de posibles brotes. 

Foi tras unha moratoria outorgada pola Xunta, que aprazou unha semana a entrada en vigor desta norma ao detectarse problemas para a descarga na plataforma habilitada, que foron confirmados polas asociacións de hostalería. 

Nesta ocasión, segundo os datos da Xunta, tres cuartas partes dos hostaleiros xa descargaron a documentación, unha cifra elevada tendo en conta que algúns establecementos permanecen pechados. 

Son, en concreto, 12.577 dos 16.000 locais rexistrados, que imprimiron un total de 82.640 carteis informativos para os seus clientes. 

Logo dos problemas para a descarga experimentados en semanas anteriores, as asociacións de hostalería apuntaron a Europa Press que a situación se normalizou. 

En concreto, en Santiago de Compostela, a maioría dos locais abertos conta coa documentación e, aínda que "pode haber algún problema puntual", confían en que se emende rápido. 

No caso de Pontevedra, Daniel Lorenzo, presidente de Hoempo, apunta que "practicamente o 85% dos locais" tivo problemas á hora de descargar o documento, pero actualmente dispoñen del "un 90 ou 95% dos que están abertos. "Cremos que a principios da próxima semana o 100 por cen terano xa", engadiu. 

[Visita de Rueda á área de autocaravanas da praia de Esteiro, en Xove. J.Mª ÁLVEZ]visita do conselleiro alfonso roda á nuava area para autocaravanas da praia de esteiro en xove , foto jm alvez

AMPLIACIÓN DE AFORAMENTOS E HORARIOS. Durante un acto en Xove, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, confiou en que a próxima semana poidan ampliarse parámetros de aforamentos e horarios na hostalería, coincidindo coa mellora nos datos. 

No entanto, recalcou a importancia de ir "con prudencia" e "aos poucos". "Avanzar aos poucos e consolidar, para non dar pasos atrás", dixo Rueda. A próxima semana, Xunta e hostaleiros analizarán a proposta de ampliación de horarios que solicitaron ao sector.