Sete de cada dez galegos con discapacidade non poden saír de casa sos

Dous de cada dez deciden trasladarse de vivenda por esta situación

A situación pola que pasa actualmente Alejandra López, que reside nun piso da Rúa dos Gardas ao que non pode acceder por ascensor, vívena sete de cada dez galegos con mobilidade reducida, segundo o estudo Mobilidade reducida e accesibilidade no edificio, realizado pola Fundación Mutua de Propietarios en colaboración coa aseguradora Mutua de Propietarios. O proxecto enmárcase dentro da campaña de concienciación social #Supervecinos, que pretende dar voz ás 100.000 persoas que, en todo o país, non poden saír nunca de casa por falta de accesibilidade.

Esta situación leva ao que o sofre a trasladarse de vivenda. De feito, segundo este mesmo estudo, dous de cada dez persoas con mobilidade reducida tiveron que tomar esta decisión para non sentirse prisioneiros na súa propia casa.

Con todo, non todas as persoas teñen diñeiro para poder mudarse de casa. A investigación realizada pola Fundación Mutua de Propietarios asegura que tres de cada cen galegos con mobilidade reducida viven entre as catro paredes da súa casa, día e noite, por non poder entrar e saír por si sos da súa vivenda.

REFORMAS. A metade dos propietarios galegos con necesidade de reformar o seu edificio para facilitar a accesibilidade deciden facer ramplas. Iso ocorre en cinco de cada dez casos, segundo o Instituto Galego de Estatística. En cambio, aínda son unha minoría os que pon ascensor: apenas tres de cada dez.

Comentarios