Caballero seguirá á fronte da Femp e pide reformar o financiamento municipal

O alcalde de Vigo repite na presidencia
El alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras ser reelegido presidente de la FEMP. VÍCTOR LERENA (EFE)
photo_camera O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras ser reelixido presidenta da Femp. VÍCTOR LERENA (EFE)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras ser reelixido presidente da FEMP. VÍCTOR LERENA (EFE)O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi reelixido este sábado como presidente da Federación  Española de Municipios e Provincias (Femp), un cargo desde o que, avanzou, esixirá reformar o financiamento local en paralelo ao autonómico, poder investir o superávit fiscal e definir novas competencias na Constitución.

Estas serán, dixo, liñas mestras do seu novo mandato, no que reclamará que os municipios se liberen das "tutelas falsas daqueles que non cumpren" e se lles permita gastar os 40.000 millóns "de remanente" que os cidadáns "aforraron", como parte do seu dereito constitucional a obter os suficientes recursos do Estado e as comunidades, explicou.

DESBASTO DE LUCES. Nun pleno ao que acudiron máis de mil alcaldes e dirixentes provinciais, tamén houbo espazo para o chascarrillo. O rexedor de Madrid, José Luís Martínez Almeida, desafiou a Caballero coas luces de Nadal. "Este ano superámoste, ídelas ver desde Vigo", retou. O socialista non se amedrentou: "Iso é completamente imposible, as de Vigo vense desde Nova York", replicou.

Comentarios