Caballero pide desautorizar ao alcalde de Vilanova polos "gravísimos insultos" a Silva 

O alcalde de Vigo ve "incomprensible" que os líderes do PP "leven días calados"

Abel Caballero. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Abel Caballero. SALVADOR SAS (EFE)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, condenou este luns os "gravísimos insultos e descualificacións" do rexedor de Vilanova de Arousa cara á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "por ser muller", e instou a Núñez Feijóo e a Pablo Casado a "desautorizar" e "pedir a dimisión" de Gonzalo Durán. 

Nunha rolda de prensa, o primeiro edil olívico proclamou que "xa é tempo de que falen" os líderes do PP, porque "é incomprensible que leven días calados", e advertiulles de que eles e o seu partido "teñen que decidir se están cos que insultan ás mulleres, e se están cos que defenden a igualdade". 

"Teñen que decidir onde están, porque cada minuto que pasa abrasa ao PP", sentenciou, e engadiu que Feijóo debe iniciar o Debate sobre o Estado da Autonomía pedindo a dimisión do alcalde de Vilanova e "pedindo desculpas" a Carmela Silva. 

Comentarios