jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

Desaparece un pescador na illa de Ons

Un dispositivo formado por cinco embarcacións, un helicóptero, un avión e medios terrestres buscan a un mariñeiro que desapareceu na madrugada do sábado ao domingo na contorna da illa de Ons, segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo de Fisterra.

O servizo de Emerxencias 112 recibiu un aviso sobre as 00.30 horas, cando un familiar do pescador deu a voz de alarma pola súa ausencia, xa que saíra a faenar pola tarde e non regresara a casa.

O dispositivo está a rastrexar toda a zona marítima da illa de Ons, mentres que varias persoas buscan por terra calquera rastro do pescador.

Por terra, mar e aire
Nas tarefas de procura participan o avión Sasemar 102, de Salmento Marítimo; o helicóptero Pesca 1, da Xunta; tres embarcacións de Salvamento (María Pita, Salvamar Sargadelos, Paio Gómez Chariño), unha patrulleira da Garda Civil e unha embarcación da Confraría de Pescadores de Bueu.

Fontes de Salvamento Marítimo informaron que as tarefas de localización prolongaranse durante todo o domingo, ata que anoiteza. En canto sexa posible "tamén se utilizarán mergulladores", aínda que polo momento o resultado da procura "está a ser negativo", indicou Salvamento.

Mal día para pescar
O patrón maior da Cofraría de Pescadores de Bueu, José Manuel Rosas, lamentou a desaparición do mariñeiro e advertiu de que o suceso puido deberse ás condicións meteorolóxicas do sábado e ao estado do mar.

"Onte non era día de salir, nin a pescar", recoñeceu Rosas en declaracións á Radio Galega, tras advertir de que a zona onde desapareceu o mariñeiro "é perigosa" polas fortes correntes.

Desaparece un pescador na illa de Ons
comentarios