Buscan un menor desaparecido en Fene o martes

Un mozo de 17 anos, David T.N, veciño da parroquia fenesa de Sillobre, falta do seu domicilio desde o pasado martes e está a ser buscado xa por efectivos da Garda Civil e a Policía Local da localidade coruñesa, de acordo con informacións do portal web da axencia Europa Press.

Trátase dun mozo moi alto, de 1,95 m., e de complexión delgada. Ten o pelo moi curto, case rapado, e leva lentes de pasta marróns.

A súa familia denunciou a súa desaparición na Garda Civil o mércores, despois de que o menor non aparecese en casa o martes pola noite, cando se lle agardaba.

Segundo informou a Policía Local de Fene, a procura centrouse nun primeiro momento nas zonas que adoitaba frecuentar e tratouse de solicitar información entre os seus amigos, aínda que sen resultado algún.

Xa se comunicou a desaparición aos corpos de seguridade dos municipios veciños e estendeuse a procura a Ares e Ferrol.

No caso de que se dispoña dalgunha información sobre o seu paradoiro, pódese informar os teléfonos de Emerxencias 112, no 062 da Garda Civil, así como no da Policía Local de Fene, o 981 492 777.

Comentarios