Buscan a un home de 48 anos desaparecido en Silleda

Non hai noticias de Carlos Alberto Ares desde o xoves
Carlos Alberto Ares. SOS DESAPARECIDOS
photo_camera Carlos Alberto Ares. SOS DESAPARECIDOS

As forzas da orde manteñen activado un dispositivo de procura para dar con Carlos Alberto Ares, un home de 48 anos de Silleda que leva desaparecido desde o xoves. 

Segundo o cartel de alerta que compartiu en redes sociais a asociación SOS Desaparecidos, trátase dun veciño do lugar de A Bandeira de complexión normal e con calvicie total. 

O día da súa desaparición, o pasado xoves 24 de xuño, Carlos Alberto Ares vestía un vaqueiro azul, un polo verde e zapatillas deportivas escuras. 

O Concello de Silleda fixo un chamamento á colaboración cidadá a través das redes sociais para dar con el. "Se alguén ten algunha pista, rogamos se poña en contacto coas forzas da orde que están a traballar na súa procura", engade o Consistorio, que tamén expresa o seu "apoio á familia" desde o seu perfil de Facebook. 

Comentarios