Buscan con drones a un home desaparecido en Culleredo

Falta desde a tarde do luns
Oficinas del 112. EP
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago. AEP

A unidade de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) participa na procura dun home desaparecido desde a tarde deste luns no concello coruñés de Culleredo.

Segundo informou o 112, o operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, comezou pasadas as 22.00 horas deste luns no lugar de Pereiro de Arriba, na parroquia de Celas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos mediante a chamada dun familiar do home, que informou da imposibilidade de localizalo na zona. Por iso, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comunicáronllo á Policía Local e a Protección Civil do municipio.

Ademais, para colaborar cos medios desprazados, a Garda Civil solicitou a saída da unidade de drones da Axencia Galega de Emerxencias, que desprazouse ao lugar e participou, ao longo da noite, nos labores de procura polas zonas próximas á vivenda do desaparecido.

Este martes pola mañá os medios seguen activos no operativo, aos que se vai a unir a Asociación de Cans de Salvamento e Rescate de Ferrol.