jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

Burela, Foz, Viveiro e Monterroso continúan en nivel máximo de restricións

Terrazas en Viveiro. J.M.PALEO
Terrazas en Viveiro. J.M.PALEO
Palas de Rei e Xove pasan a un nivel alto no que seguen Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e Melide

O comité clínico que asesora á Xunta emitiu este martes unha nota de prensa na que confirma que Burela, Foz, Viveiro e Monterroso continúan no nivel máximo de restricións.

O comité reuniuse este martes para comprobar a evolución da pandemia na comunidade. En total, son nove municipios galegos no máximo nivel restritivo: ademais dos catro lucenses, atópanse neste limiar Muros, Baiona, Meaño, O Grove e Sanxenxo. Todos eles atopábanse xa a semana pasada no nivel máximo, do que saen Boiro, O Barco e Cambados. 

A Xunta anunciou tamén os concellos que se sitúan no nivel alto. Entre eles continúan unha semana máis os lucenses Lugo, Chantada, Monforte, Cervo, Ribadeo e Melide. Ademais, entran nesta lista Xove e Palas de Rei, mentres que As Pontes baixa ao nivel medio. 

Pola súa banda, atópanse en nivel medio os seguintes concellos da provincia: Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Cospeito e Outeiro de Rei. 

Este mércores a Xunta ofrecerá unha rolda de prensa na que se detallarán as decisións que se alcanzasen no comité. 

Burela, Foz, Viveiro e Monterroso continúan en nivel máximo de...
comentarios