Un brote con 37 positivos en Redondela dispara os contaxios en residencias

O número de casos total ascende a 77 e hai outros 51 en centros especiais
Centro de Redondela.GOOGLE MAPS
photo_camera Centro de Redondela.GOOGLE MAPS

Un brote con 37 usuarios do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela positivos en coronavirus disparou as cifras, con 77 contaxiados en residencias de maiores en Galicia e outros 51 en centros especiais.

Os datos, dos que informan a Consellería de Política Social e o servizo galego de saúde (Sergas), reflicten este luns que só unha persoa saíu do cómputo, ao dar negativo un residente en Bodía Magnolio, de Vigo.

Así as cousas, no actual contexto hai 28 infectados na residencia García Irmáns, de Betanzos (A Coruña); 2 en Santo Estebo de Perlío, en Fene; 6 na vivenda comunitaria de Alfoz; 7 na residencia de maiores de Ribadeo; 1 na residencia de Chandrexa de Queixa; 24 na residencia Val; 5 na residencia Soremay; 3 na residencia Santa Marta e 1 na residencia DomusVi de Vigo.

No caso de centros con discapacidade, son os 37 do CAPD Redondela mencionados e 14 no Fogar e Clínica San Rafael, de Vigo.

comentarios