Unha potente borrasca bautizada como Bella entrará este domingo polo oeste de Galicia, o que obrigará a activar unha alerta vermella por forte ondada no mar nas costas de Lugo e A Coruña, mentres que na de Pontevedra será de nivel laranxa. O peor se espera para a noite do domingo ao luns, segundo indican as previsións de Meteogalicia.
E non só haberá temporal no mar, senón que en terra tamén espérase forte vento de compoñente oeste-suroeste, o que activará un aviso de nivel amarelo na comarca da Mariña e nas zonas altas da provincia lucense, así como na montaña de Ourense, as comarcas coruñesas de Eume e Ortegal, o golfo Ártabro e a Costa da Morte.
Mañá a situación meteorolóxica cambia radicalmente en #Galicia. A #BorrascaBella traerá un día de tempo moi revolto. A tarde será de🌦️con ventos fortes, sobre todo ao norte. No mar, ventos forza 8 a 9 e ondas de máis de 8 metros, no litoral norte.🔴
⚠️👉https://t.co/795Ol1Dc28 pic.twitter.com/JAWGDGVNGl— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) December 26, 2020
A choiva tamén fará acto de presenza durante toda a xornada dominical polo paso de Bella. Xa o luns, tras o paso da fronte, chegará a masa de aire frío que ocupa o seu lugar e que provocará precipitacións en forma de neve en boa parte das provincias de Lugo e Ourense, nunha cota duns mil metros.
Durante toda a semana que vén, incluíndo Noitevella, espérase mal tempo, cun tren de borrascas varrendo Galicia.