Boris Johnson di que vilas galegas teñen mellor internet que cidades británicas

O candidato a primeiro ministro asegura que o 85% das vivendas españolas teñen conexión de alta velocidade mentres só o 7% das británicas a ten

Boris Johnson. EFE
photo_camera Boris Johnson. EFE

O candidato conservador a suceder a Theresa May, Boris Johnson, asegura nunha columna no diario Daily Telegraph que o rural galego ten mellor conexión que moitas cidades británicas. 

Johnson, dedicou este luns un artigo a destacar a profunda fenda dixital que, segundo el, se produce no Reino Unido. Nel, asegura que o 85% por cento das vivendas españolas teñen conexión de alta velocidade, mentres que nas illas, só chega este tipo de conexión ao 7% das casas.

No artigo, recollido tamén parcialmente no diario The Guardian fai unha referencia explícita a Galicia. "Hai pobos remotos galegos que teñen acceso á velocidade da luz a todas as glorias comerciais e culturais da web. Hai cidades enteiras británicas onde a xente aínda ten que soportar con frustración como miran fixamente unha lenta roda de pizza do destino", asegurou o ex-ministro e ex-alcalde londiniense.

Comentarios