O Bono Activa Comercio esgótase en só cinco días

A Xunta anuncia que se mobilizaron 12 millóns de euros en compras
Gente paseando por la zona comercial de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Gente paseando por la zona comercial de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O crédito da quinta edición da campaña Bono Activa Comercio que ascendía a 2,5 millóns de euros, esgotouse este xoves, tan só cinco días despois de que se activase a descarga de bonos para particulares.

Segundo informa o Goberno galego, a campaña saldouse con 6.850 comercios sumados á iniciativa nas catro provincias, con preto de 300.000 bonos descargados e con 12 millóns de euros mobilizados en compras.

Nesta ocasión, a través da campaña, o Goberno galego financiou descontos de ata 30 euros co propósito de incidir na fidelización e na apertura a novos clientes do tecido comercial galego.

Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, cada persoa podía descargar un único bono e como o importe total dos descontos realizados alcanzou xa os 2,5 millóns de euros de orzamento, os bonos descargados xa non poden seguir empregándose.

Desde a Xunta, destacan que o impacto desta iniciativa é cada vez maior, xa que os datos de establecementos rexistrados nesta quinta edición superan aos da última, cando se adheriron máis de 6.700 negocios.

En total, nas catro edicións anteriores mobilizáronse no sector comercial comerciante polo miúdo máis de 65,7 millóns de euros. 

Comentarios