martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

O BNG propón unha axuda de 2.000 euros a autónomos e eliminar tres meses a cota

Ana Pontón, este mércores en rolda de prensa. EFE
Ana Pontón, este mércores en rolda de prensa. EFE
Reducir a burocracia, baixar o limiar de perda de ingresos para a axuda de 660 euros e pospor as declaracións fiscais, outras medidas

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo unha axuda directa e compatible con outras de 2.000 euros para os autónomos, un colectivo que antes da crise sanitaria ascendía en Galicia a 210.000 persoas. Tamén recordou que os pequenos emprendedores son o 99 por cento do tecido empresarial galego, ao que pide apoiar neste momento.

Díxoo tras un encontro virtual co sector afectado no que participaron deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, e a parlamentaria Montse Prado. Por parte dos autónomos, estiveron nesta videoconferencia a responsable da Asociación Intersectorial e interterritorial de pequenas e medianas empresas en Galicia (APE Galicia), Sonia Acuña, e o presidente de ATA en Galicia, Rafael adj>.

Pontón anunciou un paquete de sete medidas que, segundo os seus cálculos, poderían supor uns 10 millóns de euros, pero habería que "facer un estudo pormenorizado", cos datos do Goberno. En todo caso, asegurou que "este esforzo é posible facelo" e "hai moitas vías" que se están falando para facelo posible.

Nesta liña, e preguntada en rolda de prensa por voces que apuntan a un recorte das pensións ou maior carga impositiva aos traballadores, a líder do Bloque advertiu de que esta crise "require medidas excepcionais", pero non deben de ser autónomos nin traballadores os que sexan os colectivos afectados.

"Hai xeitos para ter recursos públicos sen atacar as pensións ou os dereitos dos traballadores", sinalou para, a seguir, subliñar que "hai que conseguir que a banca devolva o rescate bancario", de máis de 60.000 millóns de euros, e pódese facer "un axuste económico" para que as grandes empresas "teñan unha fiscalidade máis xusta".

Pontón manifestou que hai que "cuestionar as medidas que se adoptaron" coa crise económica que comezou en 2008. Ademais, pediu "devolver as capacidades de intervir a economía" fronte " dogma neoliberal", que "cae no medio desta crise sanitaria" polo seu propio peso.

AXUDA DIRECTA. Pontón, que comezou dando o seu "apoio" ás familias dos falecidos e a todas as persoas que seguen loitando contra o virus e dando o mellor de si nesta crise "sen precedentes", indicou que tamén hai que "atender outras urxencias", como son un dos colectivos "alicerces da economía galega", autónomos e pequenas empresas.

A líder nacionalista ha valorado as medidas adoptadas polo Goberno, pero sostivo que "debe facerse un maior esforzo". Así, destacou que se atrasen cotas, impostos e débedas, pero "é insuficiente" e ilustrou desta forma: "se non teñen ingresos, que non teñan que pagar cotizacións".

Pero ademais, pediu axudas da Xunta de 2.000 euros para os autónomos para casos en que se visen obrigados a pechar ou reducir de forma importante os seus ingresos -que sexan compatibles coas do Estado e como xa teñen outras comunidades- e pediu baixar o limiar de baixada de ingresos ao 50 por cento, en lugar do 75 por cento (para cobrar a axuda de 660 euros), para poder cobrar.

Así, recordou que cun 30 por cento de descenso, xa se están aplicando axudas noutros países europeos, e apuntou que tendo en conta que en marzo se puido traballar ata case metade de mes, ese limiar é moi alto.

Así mesmo, o BNG pide eliminar a cota de autónomos durante un período inicial de tres meses, e do pago do aluguer e das hipotecas, así como unha quita do 50 por cento nos tres meses seguintes á reapertura da actividade.

Tamén pediu reducir burocracia para as persoas que teñen que pedir axudas e as tramitacións bancarias, co fin de garantir a liquidez ás empreas.

No ámbito fiscal, avogou por que Facenda atrase os prazos da presentación do imposto de sociedades e a declaración do Iva, posto que se está pondo ao persoal das xestorías nunha situación difícil". "Estas son as propostas do BNG e seguiremos traballando para que a Xunta e o Goberno central sexan conscientes de que é necesario un maior apoio para manter un alicerce fundamental na nosa economía", sentenciou.

O BNG propón unha axuda de 2.000 euros a autónomos e eliminar tres...
comentarios