domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

O BNG pide atrasar o peche dos colexios electorais e que Correos amplíe horario

Ana Pontón. AGN
Ana Pontón. AGN
Chama a fixar unha franxa horaria de votación preferente para os maiores

O BNG presentou este domingo unha contrapropuesta ao protocolo trazado pola Xunta para a xornada electoral do 12 de xullo, co obxectivo de que as eleccións autonómicas se leven a cabo "con todas as garantías democráticas". A coordinadora da campaña do Bloque, Goretti Sanmartín, solicitou, en primeiro lugar, que se estableza unha franxa horaria de votación preferente para persoas maiores e, así mesmo, atrasar o peche dos colexios electorais por unha hora, ata as 21.00 horas. Facilitando o exercicio do dereito a sufraxio por esta vía, a formación nacionalista incide en que se favorecerá unha participación masiva.

Respecto ao voto non presencial, a formación que dirixe Ana Pontón solicita que as oficinas de Correos en Galicia teñan un horario estendido e que abran de luns a domingo, de mañá e de tarde, para que os cidadáns teñan maior flexibilidade.

O BNG carga, xa que logo, contra a proposta da Xunta avalada pola Xunta Electoral mediante a que se pode emitir o voto por correo sen saír de casa sempre que o carteiro dea fe de que o dereito se exercitou xa que para o Bloque este mecanismo pode "favorecer a fraude". Ademais de non "ofrecer garantías democráticas", o Bloque sostén que esta fórmula resulta "ambigua" e "perigosa", polo que pedirá unha "aclaración" á Xunta Electoral Central.

 Aínda que a formación frontista defende que haxa unha ampla participación o domingo 12 de xullo, Goretti Sanmartín rexeitou que "muden as regras do xogo de tal forma que se pretenda converter en xeral ou voto por correo", unha fórmula de participación que a lexislación contempla só "para determinadas circunstancias".

Ademais de non estar contemplada por lei unha universalización do sufraxio postal, o BNG incide en que Correos "non ten persoal suficiente" para atender un uso masivo deste servizo con garantías. En aras a aumentar a seguridade na participación presencial, Sanmartín urxiu á Xunta a adoptar un protocolo sanitario.

O BNG pide atrasar o peche dos colexios electorais e que Correos...
comentarios