miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

O BNG liga o seu apoio á investidura a que haxa unha solución para as peaxes da AP-9

Concentración do BNG. TWITTER (@obloque)
Concentración do BNG. TWITTER (@obloque)
Néstor Rego censura que vía rexistra "por terceiro ano consecutivo a maior subida do Estado español"

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, liga o seu apoio á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno a que haxa unha solución para a "discriminación flagrante a Galicia" coa "estafa" na subida das peaxes da autoestrada AP-9, unha cuestión que avisa será "determinante" para o sentido do seu voto. 

Este sábado militantes do Bloque protagonizaron unha protesta na Coruña ante a Delegación do Goberno cunha pancarta na que se podía ler 'AP-9 galega e sen peaxes', mentres varias persoas portaban letras que conformaba a palabra 'roubo'. Todo iso, despois de que o venres o Goberno dese luz verde a unha nova subida do 2,69% nas peaxes a partir do 1 de xaneiro. 

En declaracións aos medios, Rego censura que a AP-9 rexistra "por terceiro ano consecutivo a maior subida do Estado español", cun aumento de prezos acumulado "en 10 anos do 30%". Unha "discriminación" que contrapón aos 468 quilómetros de autoestradas do Estado do Levante e Andalucía que quedarán "liberadas" a partir do 1 de xaneiro

E é que recrimina que os galegos teñan que facer fronte a unha "carga" dunha autoestrada que atravesa Galicia, que está "máis que paga", con "beneficios multimillonarios" para a concesionaria, mentres se incrementan os custos de produción de "moitísimas empresas" nunha vía con concesión até 2048.

Reclama "frear" o aumento dos prezos das peaxes e rebaixas "de maneira significativa"

"SOBRE A MESA" PARA UN ACORDO. Por iso, Néstor Rego deixa claro que "é unha das cuestións" que o Bloque "colocou sobre a mesa nun posible acordo de investidura", á vez que fai que "estea na axenda política e debate político" de Galicia e o Estado. 

Reclama "frear" o aumento dos prezos das peaxes e rebaixas "de maneira significativa", co obxectivo "final" de que a autoestrada quede "liberada de peaxes" e "transferida" a Galicia. 

"Non imos quedarnos impasibles", afirma. Así, Rego avanza que continuarán as mobilizacións, así como co traballo parlamentario, despois de comezar unha loita "en solitario" por unha AP-9 "galega e sen peaxes" que "conseguiu" o apoio do conxunto das forzas de Galicia para aprobar unha proposición de lei para o seu debate no Congreso, que "non foi aínda tramitada na súa totalidade". 

O BNG liga o seu apoio á investidura a que haxa unha solución para...
comentarios