O BNG esixe que se inclúa o galego na aplicación 'Radar Covid'

Aplicación Radar COVID. EP
photo_camera Aplicación Radar COVID. EP

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha iniciativa parlamentaria para esixir que se actualice a aplicación Radar Covid para que se incorpore de forma "inmediata" o idioma galego. 

Lamenta que esta aplicación só está en español, inglés e recentemente tamén en catalán, pero non no resto de linguas oficiais do Estado. 

"O Goberno volve a ignorar unha vez máis os dereitos lingüísticos dos galegos, que teñen dereito a recibir a atención e información sanitaria na súa propia lingua", censura Rego. 

Nesta liña, os nacionalistas advirten de que o Estado fai caso omiso" ás obrigacións da Carta Europea das Linguas e ás reiterada recomendacións para garantir o uso de todos os idiomas oficiais. 

O deputado do Bloque avisa de que a loita contra o coronavirus non pode servir de escusa para non respectar os dereitos dos falantes galegos, que deben poder recibir a atención adecuada na súa lingua. 

Comentarios