O BNG alerta do aumento da violencia contra o colectivo LGTB

O partido nacionalista reclama a inclusión dun apartado específico na Lei de Igualdade contra a LGBTfobia
La portavoz de Sanidade hospitalaria del BNG Iria Carreira comparece en rueda de prensa este martes para fijar la posición do BNG ante a situación sanitaria, en Santiago de Compostela. ÓSCAR CORRAL (EFE)
photo_camera Iria Carreira. ÓSCAR CORRAL (EFE)

A deputada do BNG, Iria Carreira, alertou da escalada e do aumento da violencia contra as persoas e simboloxía que representan ao colectivo LGTB en Galicia nos últimos meses.

Esta violencia, engade, tradúcese en agresións e vandalismo contra mobiliario público que exhibe as cores da bandeira do Orgullo e outro tipo de sinais do colectivo, mediante pintadas 'LGBTfóbicas'.

Tamén se referiu ao asasinado do mozo Samuel na Coruña e ás declaracións dos presuntos culpables que indican a existencia dun sentimento de homofobia tralo crime.

É por iso que o BNG reclama a inclusión dun apartado específico na Lei de Igualdade contra a LGBTfobia, posto que a Lei pola igualdade de trato e contra a discriminación das persoas LGBT resulta "insuficiente" por carecer de recursos para loitar contra estas actitudes.

Comentarios