Besteiro: ''Teño a mellor das opinións sobre Susana Díaz''

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que ten "a mellor das opinións" sobre a presidenta andaluza, Susana Díaz.

Nunha entrevista na cadea Ser, o dirixente socialista, primeiro en ser elixido secretario xeral a través dunhas primarias que ao principio non convencían á dirección nacional, recordou que finalmente o proceso recibiu todo o apoio do partido.

Respecto ao apoio a Susana Díaz de varios baróns do PSOE, o dirixente do PSdeG insistiu en que ten "a mellor das opinións" sobre ela.

O futuro do seu partido, apuntou, "ten que vir con máximas como renovarse, fortalecerse e ter ambición para gañar" e o candidato que salga elixido como secretario xeral "deberá reunir esas características".

Sobre se, a priori, non lle parecería mal que a presidenta andaluza liderase o partido, Gómez Besteiro recordou que xa pediu que os posibles candidatos "desen ese paso en firme" e "a partir de aí, os militantes deberían falar de forma clara".

"Para min, a renovación, a fortaleza e a ambición por gañar son características que van pesar moito", destacou.

Respecto da postura da exministra Carmen Chacón que avoga por un "progresista, un voto", Gómez Besteiro dixo crer, pola contra, na máxima "un militante, un voto", porque se trata de renovar o Partido Socialista e iso compete aos afiliados, polo que non apoia esta proposta.

Outra cousa distinta, dixo, é "cando presentemos as primarias para a presidencia de Goberno", momento en que se debe "compartir a nosa decisión con todos aqueles que queiran sumarse".

Comentarios