Besteiro espera ''máis pronto que tarde'' controversia sobre o inflado de militantes

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe que prevé solucionar "máis pronto que tarde" o expediente e a investigación aberta sobre o inflado de militantes na agrupación socialista de Santiago de Compostela.

Nunha rolda de prensa como presidente da Deputación de Lugo, Besteiro advertiu que non participará nas "especulacións" que xurdan logo de que se destapase o caso de incremento de militantes a través de altas de familiares e amigos de socialistas en domicilios ficticios.

"É un proceso que marcou a propia Executiva, un proceso de información, e este é un partido serio e a súa Executiva tamén o é. Polo tanto, o partido está no marco que estableceu a Executiva o luns pasado e sobre iso non hai noticias. Pode haber especulacións pero non son compartidas pola Executiva que está a facer o traballo que se encargou de facer", concluíu.

Comentarios