miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Besteiro considera que Rueda é unha persoa ''mal informada''

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que as últimas declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en relación coa posible presenza de políticos imputados nas listas electorais do PSdeG, demostran que "é unha persoa mal informada o tema.

Besteiro fixo estas declaracións aos medios de comunicación antes de presidir o pleno da Deputación de Lugo, por mor das afirmacións que realizou a propio Rueda, que onte criticou a "incoherencia" do líder socialista por deixar en mans da militancia a posible inclusión de políticos imputados nas listas do seu partido á vez que pedía a dimisión da portavoz do PPdeG, Paula Prado.

"Xa saben cal a nosa posición e cal é a nosa posición mantida no tempo, por certo cumprindo o que os socialistas decidimos soberanamente na Conferencia Política e nas últimas decisións que afectan a todo o partido en España", insistiu Gómez Besteiro.

Besteiro considera que Rueda é unha persoa ''mal informada''
comentarios