Besteiro insiste na inocencia dos alcaldes de Caldas de Reis e Viveiro

Con todo, o líder dos socialistas galegos reiterou en Madrid, unha vez máis, en que "máis alá diso, os socialistas temos un código claro, recoñecible'', que podería ditar a súa saída do partido
El líder de los socialistas gallegos, José Ramón Gómez Besteiro (iz), junto al expresidente del Gobierno Felipe González y al secretario general Pedro Sánchez
photo_camera El líder de los socialistas gallegos, José Ramón Gómez Besteiro (iz), junto al expresidente del Gobierno Felipe González y al secretario general Pedro Sánchez

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou este domingo que o seu partido confía "claramente" na inocencia do alcalde de Caldas, José Manuel Rey, e da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, con sendas causas xudiciais abertas por presuntos casos de malversación e de prevaricación, respectivamente.

"Nós confiamos claramente na inocencia do alcalde de Caldas e, por suposto, na alcaldesa de Viveiro, que non está nunha aplicación nese sentido do Código Ético (do partido)", dixo Gómez Besteiro durante a súa asistencia este domingo en Madrid á convención municipal do PSOE. "Máis aló diso, os socialistas temos un código claro, reconocible, a diferenza do PP, que non sabemos cal é o seu criterio salvo como se levante Núñez Feijóo", indicou nunha gravación facilitada polo PSdeG-PSOE.

Comentarios