Bescansa apraza a súa decisión sobre presentarse ás primarias de Podemos Galicia

A deputada apelou a manter un maior número de "contactos" con inscritos e cargos do partido

A deputada de Podemos por Madrid Carolina Bescansa informou que apraza a súa decisión sobre se acepta presentarse ás primarias para liderar Podemos Galicia, cuxa dirección lle pediu que presente a súa candidatura. 

Arroupada por parte da actual cúpula de Podemos Galicia, a politóloga compostelá compareceu ante os medios en Santiago, onde apelou a manter un maior número de "contactos" con inscritos e cargos do partido antes de tomar unha decisión definitiva. 

Carolina Bescansa anunciará "nos próximos días" se recolle a luva lanzada pola dirección autonómica saínte, que quere que a santiaguesa lidere a candidatura da liña oficialista, tendo en conta que a actual secretaria xeral, Carmen Santos, non se presentará á reelección. 

Comentarios