Barbadás ameaza con recorrer o confinamento: "Non se cumpre ningún criterio"

Un operario desinfecta una calle en Ourense. BRAIS LORENZO
photo_camera Un operario desinfecta unha rúa en Ourense. BRAIS LORENZO

Os alcaldes dos concellos ourensáns de Barbadás e Allariz, o socialista José Carlos Valcárcel e a nacionalista Cristina Cid, criticaron as restricións impostas pola Xunta de Galicia e, no caso do primeiro, o rexedor avanzou a posibilidade de recorrer o confinamento perimetral, que entrará en vigor a partir desta madrugada, ao entender que non se cumpren os criterios fixados polas autoridades para adoptar esta decisión. 

Nun comunicado remitido aos medios, o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asegurou que esta localidade "non alcanza o cociente mínima marcado para tomar unha medida tan drástica como é o confinamento da poboación". Para iso, remitiuse a que non existe "ningún caso grave no sector da hostalería como para adoptar medidas tan restritivas". 

Tras advertir de que "se a Xunta adoptase hai semanas medidas máis drásticas en Ourense, esta situación non se agravaria tanto", avanzou que o goberno valorará a posibilidade de "recorrer" estas restricións ao entender que se poden estar "a limitar dereitos fundamentais" sen ter "ningún soporte" de datos sanitarios. 

"Barbadás non é Ourense", resolveu o rexedor. Na actualidade, o municipio de Barbadás contabiliza uns corenta casos positivos, unha cifra que o alcalde considerou "inferior á acordada polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, de ámbito estatal".

A alcaldesa, neste caso de Allariz, Cristina Cid, insistiu en que "ningún destes criterios" adoptados pola Xunta de Galicia "ten en conta a situación epidemiolóxica" desta localidade, que suma "nove casos activos" e apuntou que "non entendemos que se tomen decisións que na práctica suporán a aplicación de restricións sen ter en conta os datos sanitarios de Allariz".

A este respecto, considerou "paradoxal e unha inxustiza" que concellos con afectación importante de covid non teñan que aplicar medidas "restritivas, e Allariz, cunha situación sanitaria mellor teña que facelo". Así, tras asegurar que as restricións no caso da cidade de Ourense chegan tarde, pediu medidas que permitan "garantir" o cumprimento das mesmas "pero non castigar ao resto". 

Comentarios