Baralla contratará a próxima semana o proxecto de rehabilitación do Consistorio

O alcalde de Baralla, Manuel González Capón (PP), confirmou a EFE que o goberno local xa ten pechado o proxecto de rehabilitación da Casa Consistorial e, previsiblemente, a próxima semana sacará a contratación as obras, para iniciar os traballos "canto antes".

O rexedor local explicou que o proxecto definitivo pechouse cun orzamento de 125.000 euros para executar a obra civil e outro investimento de 30.000 euros para a adquisición do mobiliario e a adecuación da planta baixa do edificio, que quedou practicamente esnaquizada por mor da explosión dun artefacto a principios de outubro, atribuído ao grupo Resistencia Galega.

González Capón confirmou que o proxecto será aprobado pola comisión de goberno nos próximos días "para darlle toda a rapidez posible" e co obxectivo de que a obra poida saír a contratación a próxima semana. 

Comentarios