Banesto pon á venda 69 vivendas con descontos de ata o 52%

Banesto puxo á venda 69 vivendas en Galicia con descontos de ata 52%, como parte dunha operación no seu portal inmobiliario Casaktua, para tratar de desfacerse de 4.600 vivendas en España a prezos de 638 euros por metro cadrado, segundo informou hoxe a entidade nun comunicado.

A financeira destaca que estes prezos representan o valor das vivendas hai vinte anos, o que supón un desconto do 80 % fronte ao prezo inicial. O prezo medio dunha destas vivendas, que teñen tres dormitorios e unha superficie duns 90 metros cadrados, é duns 56.700 euros. As propiedades pódense adquirir cun financiamento do 100 % do importe do inmoble e unha hipoteca de ata 40 anos.

En Galicia 38 das vivendas están situadas na provincia da Coruña, 16 na de Pontevedra, 11 na de Lugo e as 4 restantes na de Ourense, teñen un prezo medio de 59.580 euros e teñen tres dormitorios nunha superficie duns 100 metros cadrados

Destaca que unha das vivendas, de 92 metros cadrados, tres dormitorios e un baño, situada en Pontevedra, Banesto indica que a vende por 73.400 euros (255 euros ao mes), o que supón unha rebaixa do 52 %. No municipio coruñés de Ferrol tamén ofrece un piso de 105 metros cadrados, con catro habitacións e un cuarto de baño, cun desconto do 48 % a 65.500 euros (228 euros de cota mensual).

Tamén indica que dispón dun ático dun dormitorio, un baño e ampla terraza distribuídos en 50 metros cadrados no municipio ourensán da Rúa que con 39% de rebaixa a 47.100 euros (164 euros de cota mensual). Esas vivendas dispoñen de condicións de financiamento da totalidade do importe do inmoble e unha hipoteca de ata 40 anos, sinala Banesto

Comentarios