As axudas do segundo plan de rescate da Xunta poderanse pedir "inmediatamente"

O programa está dirixido a hostaleiros, autónomos e micropymes
Alfonso Rueda. JAVIER CERVERA
photo_camera Alfonso Rueda. JAVIER CERVERA

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este xoves o segundo plan de rescate para hostalería, autónomos e micropymes impulsado pola Administración autonómica para combater os efectos da covid-19, polo que llas axudas poderanse pedir de forma inmediata. 

Nun acto en Fisterra, en declaracións aos medios, Roda reiterou, ademais, que a intención da Xunta é repartir as axudas "o máis rápido posible, do mesmo xeito que no primeiro plan". 

"Serán 75 millóns que se unen aos 85 repartidos no primeiro plan, e queremos que chegue canto antes a quen agora teñen os seus negocios pechados. Necesitan a axuda das administracións e terán a da Xunta", dixo. 

Finalmente, recordou que esta convocatoria incorpora a novidade de que tamén poderán acceder ás axudas os titulares daqueles negocios que teñan débedas tributarias coas administracións públicas.

"Non era posible, pero á vista da situación tan complicada que hai, a Xunta fará unha excepción", resolveu.

Comentarios