Axudas de ata 10.600 euros a autónomos que cesaron a súa actividade e queiran volver emprender

O Goberno galego destina 1,3 millóns para a modernización de empresas do sector cultural
Un fontanero trabajando con un grifo. PIXABAY
photo_camera Un fontanero trabajando con un grifo. PIXABAY

A Xunta dará axudas de ata 10.600 euros a autónomos que cesaron a súa actividade e queiran volver emprender, así como para cambiar de sector o seu negocio. Para iso, o Consello aprobou as bases da convocatoria do bono Nova, dotado cun montante global de 5 millóns de euros.

Así, concederanse dous tipos de financiamento que serán compatibles entre si: apoios de 9.000 euros para a posta en marcha dunha nova empresa e axudas de 1.600 euros en accións de formación e contar cun mentor.

Co crédito posto en marcha prevese apoiar a uns 500 autónomos. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recordou que a pandemia levou ao peche da súa actividade a moitos emprendedores, polo que agora búscase darlles "unha segunda oportunidade".

Entre outros requisitos para os autónomos que volven emprender, atópase: estar dado de alta no réxime especial de autónomos (Reta) ou en calquera outro réxime especial por conta propia na Seguridade Social no período do 1 de outubro ao 30 de outubro de 2022; haber cotizados anteriormente a esta nova alta ininterrompidamente polo menos durante tres meses durante a súa vida laboral no Reta ou outro réxime especial por conta propia; estar inscritos como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta do Reta; así como ter o domicilio social nalgún municipio galego.

MÁS APOIOS A AutÓNOMOS

Por outra banda, o Consello avaliou unha liña pioneira de apoios dirixido a mellorar a competitividade de pemes e autónomos, con strong<> 11 millóns de orzamento, a través do programa Galicia Inviste.

A principal novidade desta liña é que, por primeira vez, ofrece a posibilidade de strong <>solicitar conxuntamente axudas e préstamos para o financiamento de proxecto, coa opción de pedir créditos parcialmente reembolsables. Busca potenciar a creación de emprego, a innovación e o impulso de novas iniciativas empresariais.

Os apoios cobren proxectos desde 25.000 ata 900.000 euros, de forma que se pode chegar ata o 35% dos investimentos no caso das pequenas empresas e ao 25%, nas medianas.

Paralelamente, a Xunta destinará 1,5 millóns para promover proxectos de loxística entre pemes e autónomos. Os apoios serán do 35% para as pequenas empresas, así como do 25% para as medianas, ademais do 50% dos custos das colaboracións externas, cun límite máximo de subvención de 100.000 euros en iniciativas individuais -e de 100.000 euros multiplicados polo número de empresas nos proxectos colectivos-.

COMPETITIVIDADE DO SECTOR CULTURAL

Noutra orde de cousas, o Goberno galego ha aprobado as bases reguladoras dunha nova liña de subvencións no marco do 'hub' audiovisual da industria cultural, con 1,3 millóns en axudas para empresas.

De tal forma, concederanse ata 100.000 euros por proxecto para a compra de equipamentos ou de servizos de software, así como para obras de acondicionamento de face á súa instalación.

Comentarios