domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Avistada unha balea azul duns 22 metros de longo xunto ás Rías Baixas

Imagen de la ballena avistada. BDRI
Imagen de la ballena avistada. BDRI

É a primeira dectada este ano polo instituto BDRI preto das costas galegas

O instituto para o estudo de mamíferos marinos BDRI confirmou o avistamento dunha balea azul en augas externas ás Rías Baixas. "As criaturas máis enormes do planeta volven a alimentarse nas augas galegas", revela a través da súa conta de Facebook o organismo. É a primeira que detecta en 2019, despois de que en 2018 recollera imaxes doutro exemplar preto das Cíes.

Agora, "grazas a un día excepcional de investigación de campo", o BDRI confirma o "regreso" das baleas azuis. A que puideron ver tiña 22 metros de longo, xunto cun rorcual común de 18 metros. Apunta que tamén puideron obter datos sobre o seu comportamento de inmersión para entender mellor as súas actividades de alimentación na zona.

Avistada unha balea azul duns 22 metros de longo xunto ás Rías Baixas
Comentarios