Avanza a investigación polo crime da veciña de Moaña e apuntan a un sospeitoso

A Garda Civil rexistrou a casa dun home duns 50 anos
Una pata de cabra con precinto policial en la vivienda de Moaña. CRTVG
photo_camera Unha pata de cabra con precinto policial na vivenda de Moaña. CRTVG

A Garda Civil avanza na investigación do crime de Cándida Soaje, veciña de Tirán (Moaña) de 72 anos que apareceu morta na súa casa tombada no chan, coas mans atadas e con evidentes indicios de violencia. Os axentes centráronse este domingo no interrogatorio de veciños e coñecidos e no exame do lugar do crime e incluso Faro de Vigo apuntaba ao rexistro da casa dun veciño, duns 50 anos e con antecedentes, como posible sospeitoso.  Fontes oficiais, con todo, nin confirmaron nin desmentiron esta información.

Os veciños tampouco poderían achegar moita información, xa que non escoitaron nada nin viron movementos sospeitosos na casa de Cándida, coa que algúns conversaron na tarde do venres con total normalidade, segundo confirmaron á TVG.

Polo momento todas as hipóteses seguen abertas e, aínda que aínda é pronto para aclarar os feitos, si se dá por suposto que se trata dunha morte violenta, aínda que haberá que precisar o móbil e se se trata dun homicidio ou un asasinato.