Restrínxese a asistencia ao 33 % a lugares de culto dos municipios con restricións

Para o resto de municipios a limitación de aforamento queda na metade da capacidade do templo
Misa. VITORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Misa. VITORIA RODRÍGUEZ

A asistencia a lugares de culto en Galicia non poderá superar en xeral o 50 % do aforamento, aínda que esa porcentaxe redúcese a un terzo da capacidade dos templos naqueles municipios nos que están en vigor restricións especiais para tratar de frear os contagios por covid-19, segundo publica este  o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Nun decreto, que modifica o publicado o pasado 4 de novembro, especifícase que a información sobre a capacidade máxima de cada lugar de culto deberá estar a disposición dos usuarios nun lugar visible do propio recinto.

Tamén aclara que non se pode utilizar o exterior dos edificios nin tampouco a vía pública para a celebración de actos de culto.

Ademais, precisa que deberán establecerse medidas para "ordenar e controlar" as entradas e as saídas, para evitar aglomeracións ou situacións que non permitan manter a distancia de seguridade entre persoas.

Ademais, as limitacións establecidas en ningún caso poden afectar o exercicio privado ou individual da liberdade relixiosa.

Aínda que o aforamento permitido con carácter xeral é do 50 % nos lugares de culto, naqueles municipios con restricións redúcese ao 33 por cento.

Esas medidas permanecerán en vigor ata o próximo 4 de decembro, salvo que sexan modificadas de forma expresa polas autoridades sanitarias.

Comentarios