Asasinan dun tiro na cabeza a un empresario ourensán en México

José González, cuñado do presidente do Centro Galego de México, foi tiroteado ás portas dun negocio seu

Centro Gallego de México. WIKIPEDIA
photo_camera Centro Gallego de México. WIKIPEDIA

José González, un empresario ourensán de 72 anos, foi asasinado en México DF dun disparo na cabeza. A vítima era veciño de Beariz e estaba casado con Fifita Gulías, irmá do presidente do Centro Galego de México, Florencio Gulías.

O empresario foi tiroteado ás portas dun dos seus negocios. Os investigadores non descartan que os autores quixesen perpetrar un atraco e que este acabase co fatal desenlace para José González.

Natural do Carballiño, o empresario regresaba no verán á súa terra natal e era un habitual da festa que organiza en Avión outro coñecido emigrante galego en México: o millonario Olegario Vázquez Raña.