As residencias de maiores en Galicia contabilizan este luns 56 infectados por coronavirus, co maior foco na DomusVi de Monforte, con 51 casos actuais, e coa saída, por dar negativo, dun usuario dese centro.
Segundo informa a Xunta, na residencia do Bolo (Ourense) seguen tres residentes contaxiados, por un en San Vitorio, en Baralla; e outro na residencia San Marcos, Hermanitas dos anciáns desamparados, en Santiago, neste caso de nova incorporación.