Atropela mortalmente a varios gatos cando rozaba unha leira na Coruña

Denuncian que un operario atropelou deliberadamente a unha camada asentada no terreo a pesar das advertencias de varias persoas: "¡Que aparten eles!"
photo_camera Vídeo cedido polas testemuñas

A Asociación Micos e Nós denunciou brutal despezamento dunha camada de gatos por parte dun operario que rozaba unha leira no barrio coruñés de Labañou.

Os feitos, segundo consta na denuncia presentada ante as autoridades, ocorreron o pasado 4 de decembro, día no que un tractorista atopábase realizando traballos nun terreo situado preto do antigo edificio Pai Rubinos.

Segundo o relato das testemuñas, varias persoas avisaron ao operario "repetidamente" de que nesa leira vivían ao redor de trinta gatos, incluíndo varias nais coas súas camadas. "A min que me importa se hai gatos" ou "que se aparten eles" serían algunhas das frases pronunciadas polo traballador. 

Nun dos vídeos facilitados pola asociación pódese ver como o operario, tras encararse cos presentes e tras dicir "xa verás", se dirixe co tractor cara a unha zona de maleza onde se refuxiaba unha camada e atropela mortalmente aos felinos. Tamén se poden ver nalgunhas das fotografías facilitadas os cadáveres dos animais mortos sobre o terreo xa rozado.

Micos e Nós tivo constancia dos feitos dous días despois, cando unha muller lles informou de que unha gata levaba chorando e intentando protexer á súa camada morta durante horas baixo a choiva. Membros da asociación achegáronse entón ata o lugar, onde comprobaron que había catro gatos pequenos despezados e mesturados con herba e terra.

Comentarios