Arrestado en Monterroso un veciño de Lalín por tráfico de drogas

A Garda Civil detivo en Monterroso (Lugo) a un veciño de Lalin (Pontevedra), de 31 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

A detención tivo lugar no interior da estación de autobuses monterrosina. Os usuarios apreciaron un forte cheiro a marihuana, polo que avisaron a unha patrulla da Garda Civil. Os axentes identificaron ao autor, ao que lle interviñeron unha pequena cantidade de marihuana. 

As testemuñas, ademais, avisaron de que lle viron, ao parecer, vender varios gramos desta sustancia a un terceiro, tamén nas mesmas instalacións.

Comentarios