Arde o concesionario de BMW en Ferrol

Os bombeiros de Ferrol tiveron que intervir para sufocar o incendio na nave do concesionario de BMW no polígono industrial da Gándara, situado entre os municipios de Narón e Ferrol.

Esta nave, a escasos metros do parque, incendiouse e provocou unha espesa fumareda gris, aínda que non se produciron danos persoais.

Fontes dos efectivos contraincendios da cidade precisan que recibiron o aviso ás 13:52 e que se calcinou 'a nave enteira' con cuantiosos danos materiais.

O incendio, do que aínda se descoñece a orixe, xa quedou sufocado, pola actuación dos bombeiros que empregaron o camión escaleira para lanzar auga á parte superior do tellado para sufocar as chamas.

Comentarios