O arcebispo de Santiago, hospitalizado por unha "endocarditis bacteriana"

Julián Barrio, arzobispo de Santiago. AEP
photo_camera Julián Barrio, arcebispo de Santiago. AEP

O arcebispo compostelán, Julián Barrio, atópase ingresado no Hospital Clínico Universitario de Santiago "por mor dunha endocarditis bacteriana".

Así o informou nun comunicado de prensa o Arcebispado de Santiago, que concretou que Julián Barrio "recibirá tratamento antibiótico durante un tempo".

"Monseñor Barrio atópase animado e agradece o agarimo e as oracións recibidas", conclúe o comunicado.

Comentarios