Aparece en Muxía o corpo sen vida dun home flotando no mar

Salvamento Marítimo mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo
Medios de Salvamento Marítimo participaron en el dispositivo de búsqueda del hombre desaparecido en Sada. TWITTER
photo_camera Medios de Salvamento Marítimo participaron no dispositivo de recuperación do corpo achado en Muxía. TWITTER

O corpo sen vida dun home foi atopado esta tarde flotando no mar na praia de Lourido, en Muxía. Segundo informa, o 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular, que contactou co Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia ás sete menos cuarto para dar conta de que atopara o corpo dun home na auga, nunha zona rochosa.

Enseguida, con estes datos, pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo e no que foi trasladado ata o areal.

Ademais, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos axentes da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.