Aparece de madrugada en Xinzo a menor desaparecida en Redondela

A menor de 15 anos desaparecida en Redondela o venres apareceu ao redor das 2,00 horas da madrugada deste sábado no municipio ourensán de Xinzo de Limia.

Diso informou a Europa Press Rosa Nuño, a nai da menor desaparecida, que sinalou que foi a Garda Civil a que chamou á familia ao redor das 2,00 horas deste sábado para informar de que aparecera a súa filla, quen aparentemente se atopa en bo estado físico, a falta do recoñecemento médico que se lle vai realizar.

De acordo coas informacións da a axencia de noticias no seu portal web, segundo relatou a menor á súa nai, a moza subiuse nun coche con dous ocupantes o venres ás 14,00 horas á saída do seu instituto de Redondela porque coñecía a un deles por Internet, aínda que era unha persoa maior do que ela supuña.

Segundo o relato da menor, o coche foi dirección Vigo e chegado un momento tapáronlle os ollos, tras o cal dixéronlle que "non dixese nada" do que alí pasaba, segundo explicou a nai. Así as cousas, a menor apareceu ás 2,00 horas da madrugada en Xinzo de Limia a falta de concretar as circunstancias nas que chegou a esta localidade.

Segundo axénciaa EFE, a moza presentouse sobre as 4.00 horas -e acompañada dun home maior de idade que a achou desorientada merodeando pola rúa- no cuartel da Garda Civil de Xinzo, en bo estado de saúde, onde pediu que a levasen a casa e apuntou que tiña fame.

Xa se atopa no seu domicilio.

Comentarios